Saariselkä

Desde que entramos en Finlandia os quilómetros vanse sucedendo, pero a paisaxe case non cambia.

Cruzamos a fronteira con Noruega hai unha semana. Chegamos unha tarde a Karigasniemi, vila fronteriza (fronteira tipo western), entramos no saloon tras atar aos nosos cabalos, digo, entramos no bar tras apoiar as nosas mochilas contra unha parede. Pedimos unhas cervexas, coma sempre.

-¿Habláis español? -preguntou unha señora con castelán trémulo -, yo aprendí con un “listen and repeat”. Aí quedou o seu castelán.

Hockey cervexa, karaoke, sauna, personaxes e moita hospitalidade ata que a mañá botounos á estrada.

Tres días pasaron ata chegar a Inari, tres días de bosque mixto, renos e lagos xeados. Finlandia é un sitio fermoso, non hai dúbida, é unha mágoa que as árbores non deixen ver o bosque. Literalmente.

Inari xa non ten aspecto fronterizo, ten menos tendas. Voltamos ao entrar no saloon, que ademais é o noso hotel. O Hotel Inari, é sábado pola noite e din que estamos no lugar axeitado. Poñémonos a camiseta limpa.

Os buscadores de ouro non son a xente máis festiva coa que teño estado.

Máis bosque mixto tapado polas árbores, lagos xeados pero en proceso de desxeo ao avanzar a estación (a pasos axigantados) e máis renos.

Hoxe día de repouso a todo tren en Saariselkä, rodeados dun espectacular bosque mixto… pero esta vez estamos na montaña, hai sitios desde os que se ve o bosque.


Since we entered Finland, kilometres keep on passing by, but the landscape stays almost unchanged.

We crossed the border with Norway a week ago. We got one afternoon to Karigasniemi, a border village, western-like, we entered the saloon after leaving our horses outside, I mean, we entered the bar after leaving our backpacks next to a wall. We ordered two beers, as usual.

-¿Habláis español? -a lady asked in a trembling Spanish -yo aprendí con “listen and repeat”. And there stayed her Spanish.

Hockey, beer, karaoke, sauna, strange characters and a great hospitality, until the morning kicked us out to the road again.

Three days went by until we reached Inari, three days of mixed forests, reindeers and frozen lakes. Finland is a beautiful place, it’s a shame the trees won’t let you see the forest. Literally.

Inari looks no longer like a western, it has less shops. We entered the saloon again, which also happens to be our hotel. Hotel Inari, it’s Saturday night and they say we are in the right place. We put our clean t-shirts on.

Gold hunters are not the most festive people I’ve ever stumbled upon.

More mixed forests, frozen lakes but already on their way to thaw as the season keeps progressing (at huge paces), and more reindeers.

Today is time for extreme resting in Saariselkä, surrounded by a spectacular mixed forest… but this time we are on the mountain, and there are places you can see the forest from.


Desde que entramos en Finlandia los kilómetros se van sucediendo pero el paisaje apenas.

Cruzamos la frontera con Noruega hace una semana. Llegamos una tarde a Karigasniemi, pueblo fronterizo (frontera tipo western), entramos en el saloon tras atar nuestros caballos, digo, entramos al bar tras apoyar nuestras mochilas contra una pared. Pedimos unas cervezas, como siempre.

-¿Habláis español? – Preguntó una señora con un tembloroso castellano- Yo aprendí con un “listen and repeat”- Ahí quedó su castellano.

Hockey, cerveza, karaoke, sauna, personajes y mucha hospitalidad hasta que la mañana nos echó a la carretera.

Tres días pasaron hasta llegar a Inari, tres días de bosque mixto, renos y lagos helados. Finlandia es un sitio precioso, sin duda, una lástima que los árboles no dejen ver el bosque. Literalmente.

Inari ya no tiene aspecto fronterizo, tiene menos tiendas. Volvemos a meternos en el saloon, que además¡ es nuestro hotel. El Hotel Inari, es sábado por la noche y dicen que estamos en el lugar adecuado. Nos ponemos la camiseta limpia.

Los buscadores de oro no son la gente más festiva con la que tropecé.

Más bosque mixto tapado por los árboles, lagos helados pero en proceso de deshielo al avanzar la estación (a pasos agigantados) y más renos.

Hoy día de reposo a todo tren en Saariselkä, rodeados de un espectacular bosque mixto… pero esta vez estamos en la montaña, hay sitios desde donde se ve el bosque.

7 Respostas a “Saariselkä”

  1. fermoso. moi fermoso. pero, nalgúns intres, albíscase certa tristura.
    se cadra serán as árbores que non deixan ver o bosque…

  2. ¿Iso que leva Coru nos pes son chanclas?????
    ¿E iso branco que ten ó lado non é un lago xeado? No me lo puedo creer…
    ¡¡¡e eu aqui a suar a 30º!!!

Deixa una resposta a farruco Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *