6MPasos Nordkapp – Santiago 6000km+48 798952962
info@6mpasos.com

Equipo

Juan Rivas "Coru"

Juan Rivas “Coru”

Santiago de Compostela, 1982. Coru é o mellor representante dos novos alpinistas galegos. Herdeiro da tradición montañeira do Clube Montañeiros Celtas, pasou por case todas as modalidades dos deportes de natureza: espeleleoloxía, escalada en roca en xeo, esquí de montaña, barranquismo, … Coru desenvolveu a súa actividade deportiva desde o círculo polar na Laponia finesa ata as grandes paredes do parque nacional de Yosemite en Estados Unidos. Enxeñeiro forestal, actualmente reside no val de Benasque, en pleno corazón do Pirineo Aragonés.

Coa capacidade de rir e facer rir en calquera situación, Coru é pura comunicación. Extrovertido e ocorrente, el será o encargado de narrar a viaxe, facer as entrevistas e contar as peculiaridades dos lugares que visitamos e da xente que coñecemos. Asimesmo conta cunha cámara propia, coa que nos dá o seu peculiar punto de vista.

Andrés Fraga

Andrés Fraga

Panxón (Nigrán), 1982. Leva máis de 7 anos traballando como fotógrafo profesional. É colaborador habitual de El País e varias revistas estranxeiras, e ten realizadas reportaxes ao longo de Europa, Sur e Centro América, China ou o Sahara. Cun estilo documental e estéticamente sinxelo, Andrés sempre busca trasmitir proximidade nas súas imaxes, tanto fixas como en movemento. Afeito a resolver en situacións complicadas, ten traballado en condicións tan diversas (e adversas) como unha selva tropical, a -25Cº en plena ventisca de neve, ou baixo o sol implacable do deserto.

Andrés é o encargado de documentar con vídeos e imaxes e de trasmitir a rede toda a información que xenere a nosa viaxe. Un narrador que forma parte activa da historia.


Síguenos en tempo real
  • Facebook
  • Flickr
  • Twitter
  • Vimeo
  • YouTube
Patrocinadores
  • Concello de Santiago
Colaboradores
  • 1 Trekki.fi
  • 2 Nokia
  • 3 Fjällrääven
  • 4 Xuvetude.net
  • 5 Visitfinland
  • 6 tresRazones
  • 7 Footbalance